ASTEKO BITXIA
"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".
servizos lingüísticos*
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net
Unha das bases do noso traballo é a xestión. O protocolo estabelecido en maramara* taldea garántelle ao cliente, desde o momento en que nos contacta ata a recepción do traballo solicitado, a celeridade do proceso, o trato directo entre o cliente e o equipo de traballo, e a calidade.
No noso afán por ofrecerlles aos nosos clientes o servizo máis completo posíbel, implantamos na nosa práctica diaria o certificado de xestión ISO 9001:2008 e a Norma Europea de Calidade para Servizos de Tradución UNE 15038:2008.
Para maramara* taldea, tan importante como a calidade do traballo final, é a correcta xestión de todas as fases do proceso: facilitar o contacto inicial, canalizar o orzamento, realizar a tradución e corrección (todo texto pasa por mans de polo menos dous tradutores) e entregar o traballo ao cliente. Contamos para isto cun equipo capaz de realizar ese proceso no menor tempo posíbel, garantindo en todo momento a calidade do traballo. Esa é a chave do noso éxito.
maramara* taldea implantou na súa práctica diaria un tratamento que se atén ao estabelecido na Lei orgánica de protección de datos (LOPD), garantíndolles deste modo aos nosos clientes a confidencialidade absoluta de toda a documentación que poñan nas nosas mans. Os textos que traducimos e corriximos cumpren o protocolo previsto na LOPD, polo que o cliente pode ter a plena seguridade de que os seus materiais recibirán en todo momento un tratamento confidencial.
Porque o cliente, ao fin e ao cabo, esíxenos precisamente iso: realizar un traballo de calidade no menor tempo posíbel.
Se queres facer a proba, pídenos un orzamento..