ASTEKO BITXIA
"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".
servizos lingüísticos*
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net
O noso servizo de tradución traballa coas combinacións idiomáticas máis comúns (éuscaro, castelán, catalán, galego, inglés, francés, alemán, italiano, portugués, chinés, árabe...), se ben, grazas á rede de colaboradores que fomos formando, ofrecemos tamén outras combinacións de idiomas (ruso, romanés, xaponés, polaco...).
maramara* taldea ofrece servizos lingüísticos de calidade. Auspiciados polo certificado ISO 9001:2008 e pola norma UNE-EN-15038:2008, e despois de termos implantado no traballo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o grupo ten por obxecto colmar todas as necesidades lingüísticas do cliente.
Ofrecemos, por tanto, un servizo plurilingüe coas debidas garantías, e adaptámonos ás necesidades do cliente. Traducimos todo tipo de contidos e materiais, tanto divulgativos como científicos:
Tradución ordinaria, traducións non especializadas que non precisan dun léxico de índole técnica: información comercial, correspondencia, convocatorias, memoria de actividades...
Tradución técnica, manuais, informes, catálogos industriais, libros universitarios (ciencia e tecnoloxía, ciencias sociais, teses...), guías...
Tradución de páxinas web a diversos idiomas.
Localización de software, tradución de programas de software e de traballos de telefonía, utilizando para isto os softwares creados para tal fin: LocStudio, SDLx...
Tradución de mercadotecnia e publicidade, slogans, campañas de publicidade, spots, catálogos...
Ademais de traducir filmes, documentais, anuncios audiovisuais..., realizamos a súa sincronización labial e adaptación para a dobraxe. Solicita o noso catálogo en formato PDF
- Tamén traducimos libros de texto, material de formación profesional e material didáctico.
Tradución de obras literarias, publicacións (contos, novelas), libros de arte, teatro...
No caso das traducións urxentes, e grazas á nosa eficacia na xestión, garantimos a entrega dun traballo de calidade. Aínda contando con prazos reducidos, as traducións son realizadas por un licenciado e corrixidas por un experto.
Xestionamos formatos de diversos tipos: doc, xls, ppt, rtf, html, pdf, pxf, edb, qxd, indd...
Desde aquí poderás dunha forma rápida e sinxela solicitar un orzamento en liña.
Todos os traballos que recibimos en maramara* taldea pasan polas mans dun corrector. Esta tarefa de revisar e acondicionar o texto encoméndaselle a unha persoa distinta da encargada de realizar a tradución.
Os revisores imparten, ademais, cursos de preparación continuada para o equipo de traballo. As clases, que se desenvolven na propia oficina, teñen por finalidade resolver as dúbidas que se presentan no traballo cotián e ofrecer un servizo de asesoramento. Coa información proporcionada realízanse informes, que posteriormente son repartidos entre os tradutores.
Tamén realizamos traballos de mera corrección no propio idioma de orixe, coa finalidade de garantirmos a calidade do texto. Atesouramos unha grande experiencia no sector, xa que corriximos xornais, revistas e suplementos.
Ofrecemos tamén un servizo para realizar consultas sobre o léxico ou a terminoloxía. Así mesmo, elaboramos glosarios específicos para os nosos clientes, tanto partindo dun corpus como do material que nós mesmos temos recompilado; extraemos os termos dubidosos, analizámolos en grupo e elaboramos a versión definitiva. A partir destes glosarios, creamos as memorias de tradución ímolas completando.
Traducimos e corriximos todo tipo de material audiovisual: guións, filmes, curtametraxes, anuncios, audios, transcricións... Grazas á ampla experiencia que temos adquirida neste campo, ofrecemos un servizo de calidade.
Tamén traducimos formatos de audio e vídeo (filmes, documentais, campañas de publicidade, spots etc.), dividímolos en takes, tomamos os tempos e realizamos a sincronización labial para a súa posterior dobraxe nunha empresa especializada.
Grazas á nosa ampla rede de colaboradores, cubrimos o servizo en múltiples idiomas: éuscaro, castelán, inglés, francés, árabe, xaponés, chinés...
O traballo de interpretación é requirido basicamente nos xulgados, hospitais, empresas e congresos. O acompañamento, pola súa parte, solicítannolo no ámbito empresarial, tanto na zona local como no estranxeiro.
Aplicamos as tarifas fixadas pola Asociación de Tradutores, Correctores e Intérpretes da Lingua Vasca - EIZIE(www.eizie.org)
Ademais de realizar os traballos de redacción, tradución e corrección, temos a disposición dos clientes un servizo de deseño e maquetación dos textos. Utilizando programas como Quark e InDesign, entre outros, o noso equipo de traballo proporciona o produto xa acabado. Se unha empresa desexa lanzar, por exemplo, unha campaña publicitaria, nós podémonos facer cargo de crear o texto, co engadido de lle ofrecer un servizo integral que abarca o deseño e a maquetación. Así mesmo, se deixa o texto nas nosas mans, traducirémosllo a cantos idiomas precise, e deseñarémosllo e maquetaremos no formato da súa escolla.
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia/san sebastián tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net