ASTEKO BITXIA
"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".
servizos lingüísticos*
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net
maramara* taldea é unha empresa de servizos lingüísticos en posesión do certificado do sistema de calidade na xestión, avalada pola norma ISO 9001:2008. Á súa vez, está en vías de obtención do certificado da nova norma UNE-EN-15038:2006 de servizos lingüísticos.
Temos creado un grupo de sólida experiencia, con tradutores e correctores especializados na materia. A tradución é realizada por un profesional especializado no tema que trata o texto e pulida por un revisor, segundo as esixencias da norma UNE-EN-15038:2006.
A empresa maramara* taldea está formada por profesionais cunha dilatada traxectoria no ámbito da tradución e nas ciencias lingüísticas. Como valor engadido, incorporamos no noso equipo de tradutores, correctores, intérpretes e filólogos a xornalistas e especialistas de diversos ámbitos, tanto para a creación ou tradución de textos xerais (páxinas web, memorias...) como especializados (enxeñaría, psicoloxía, literatura...).
Grazas á nosa rede interna e externa de tradutores e correctores, podemos realizar os labores de tradución, corrección e interpretación en calquera das combinacións idiomáticas que nos solicite o cliente: éuscaro, castelán, inglés, francés, catalán, galego, alemán, italiano, chinés, xaponés, portugués. Realizamos traballos tanto xerais (páxinas web, textos comerciais, documentación de empresa...) como especializados (publicidade, finanzas...), en calquera soporte (dixital, audio, vídeo) e formato.
No traballo implantamos o sistema TAC (Tradución asistida por computador). As ferramentas que utilizamos con maior frecuencia son os programas de memoria Transit, Trados e SDLx, o programa de localización LocStudio, e os programas de maquetación QuarkXpress, InDesign e PageMaker.
Ademais, grazas aos convenios de colaboración que subscritos con outras empresas, centrámonos no axuste das ferramentas informáticas que nos asisten no traballo: o tradutor automático, o corrector, o tradutor conceptual, o programa de xestión dos servizos lingüísticos e o xestor de contidos, de grande axuda para os nosos clientes e para nós mesmos.
Como complemento do traballo técnico, e coa finalidade de alixeirar o fluxo da información no contacto co cliente, configuramos un sistema para o envío de ficheiros de grande tamaño. Ademais do habitual correo electrónico, ofrecemos tamén un servizo de FTP. Pídenos máis información.
Estamos habituados a xestionar traballos de grande volume en diferentes idiomas nun curto espazo de tempo. Grazas ao noso competitivo equipo de traballo e ao manexo das ferramentas informáticas, facemos fronte incluso aos traballos máis urxentes, asegurando en todo momento a calidade do noso servizo.
Ao fin e ao cabo, a nosa máxima non é outra que satisfacermos as necesidades de comunicación dos nosos clientes.
Pídenos un orzamento. Confeccionarémolo á túa medida.
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia/san sebastián tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net