Logo ACT
fegilt

ASTEKO BITXIA

"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".

Xabier Olaso,
Pupuan trapua



Bitxien bilduma

servizos lingüísticos*

maramara* taldea   portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia   tel.: 943 504 206   fax.: 943 000 125 info@maramara.net


membros

maramara* taldea concédelle unha grande relevancia á formación continuada, e nese afán tense asociado a diversas empresas e institucións que a acompañan na súa traxectoria para desenvolver os proxectos estratéxicos actuais e futuros na prestación dos servizos lingüísticos.

Asociacións

maramara* taldea é socio de pleno dereito da ACT (www.act.es) e membro de FEGILT (www.pstraduccion.es). O obxectivo de ambas as asociacións é o de canalizar a colaboración entre as empresas de tradución e ofrecerlles aos membros o maior beneficio posíbel (servizos, vantaxes, formación, cooperación), garantindo en todo momento un servizo de calidade.


Para ser membro da asociación, é imprescindíbel estar en posesión dos certificados ISO 9001:2008 (xestión da calidade) e UNE 15038 (específico para as empresas de tradución). Por medio da ACT, os sectores industriais teñen constatado a necesidade de traballar con empresas de tradución que ostentan os correspondentes certificados que avalan a excelencia e a calidade na xestión.

 

Todos os profesionais de maramara* taldea reciben formación continuada, en virtude do acordo alcanzado entre o FEGILT e a Fundación Tripartita.

Outra das vantaxes que obteñen as empresas asociadas corresponde ao seguro de responsabilidade civil, que lles é ofertado a un prezo moi competitivo, coa finalidade de lle ofrecer ao cliente todas as garantías.

Empresas

maramara* taldea ten subscrito acordos estratéxicos con empresas de diversos sectores. Citamos a continuación os máis representativos a día de hoxe.


No ámbito da tecnoloxía

Star Transit

Actualmente estamos preparando a versión en éuscaro do programa de memoria Transit (www.star-spain.com/es/tecnologia/transit.php).


AutomaticTrans

Estamos colaborando coa empresa Automatictrans (www.automatictrans.es), para que o seu tradutor automático inclúa a combinación lingüística castelán-éuscaro.


Zirano

A empresa Zirano (http://www.zirano.com) está desenvolvendo un tradutor automático conceptual para as linguas minoritarias, e maramara* taldea participa nos proxectos ligados ao éuscaro.


Clientes estratéxicos

Zinea Sortzen

A empresa que se fará cargo da xestión do polígono de audiovisuais Zinealdea (www.zinealdea.com), actualmente en construción na localidade de Oiartzun (www.zinea.eu), subscribiu un acordo de colaboración con maramara* taldea, para que o noso equipo responda a todas as necesidades lingüísticas que vaian xurdindo.



Mara Mara Taldea Portuetxe 53b, oficina 109, 20018 Donostia/San Sebastián   Tel.: 943 504 206   Fax: 943 000 125 info@maramara.net