ASTEKO BITXIA
"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".
servizos lingüísticos*
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net
A empresa maramara* taldea ofrece servizos lingüísticos. A esencia do noso traballo consiste en facilitar a comunicación. O noso reto consiste en vencer os obstáculos existentes (derivados dos idiomas, as conxunturas, os formatos, as canles etc.) para estabelecer unha comunicación entre dous ou máis partes en contacto.
Para que a mensaxe que os nosos clientes desexan difundir chegue ao seu destino, ofrecemos un servizo lingüístico integral: tradución e corrección, interpretación, creación e edición de textos, transcrición e adaptación etc. E transmitimos esa información a un ou varios idiomas, a un mesmo tempo, avalando en todo caso a calidade do servizo.
Por outro lado, consideramos esencial a formación continuada dos adultos. Neste sentido, impartimos cursos de formación tanto ao noso equipo de traballo como a persoas alleas á empresa. Xeneralidades e especialidades da tradución e da corrección: ortotipografía, tradución de material audiovisual, corrección e adaptación, programas de memoria, rexistros etc.
Implantamos o sistema TAC (Tradución asistida por computador). Grazas a programas como Transit, Trados, LocStudio, SDLx, correctores e outras ferramentas, ofrecemos un servizo de calidade. Estamos inmersos no proceso de obtención do certificado ISO 9001:2008 (xestión da calidade) e do EN 15038:2008 (empresas de tradución).
Os nosos clientes son entidades públicas e empresas privadas, tanto locais como internacionais. O compromiso cos nosos clientes radica en acompañalos na comunicación. Realizamos as traducións no idioma que os clientes o requiran: éuscaro, castelán, inglés, francés, catalán, galego, alemán, italiano, chinés, xaponés, portugués e outras combinacións idiomáticas non tan habituais.
O noso maior activo son as persoas que integran o equipo de traballo de maramara* taldea. O cadro de persoal actual da empresa, sinónimo de calidade, é froito dun rigoroso proceso de selección. Completamos os estudos e a experiencia dos tradutores e correctores profesionais cunha formación continuada, para garantirmos a excelencia no resultado. Procuramos ademais conciliar o traballo e a vida privada, adecuando a xornada laboral ás necesidades de cada traballador.
Estamos realizando unha serie de estudos sobre os temas que tratamos a diario; por unha parte, porque lle concedemos unha grande importancia á formación continuada do noso equipo de traballo, e por outra parte, porque queremos publicar estes froitos, para que quen estea interesado teña ao seu alcance a información necesaria, tanto por medio dos cursos, como polas obras que iremos publicando.
Novas tecnoloxías
Aplicamos novas tecnoloxías para facilitarmos o traballo dos servizos lingüísticos, dado que igual que hoxe en día, tamén no futuro serán unha ferramenta indispensábel. De aí os acordos estratéxicos que subscribimos con diversas empresas, para ofrecer aos nosos clientes as vantaxes do xestor de contidos, compartir os nosos coñecementos nos axustes da tradución automática (ES>EU), mellorar os actuais programas de memoria, introducir neles o éuscaro...
maramara* taldea portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia/san sebastián tel.: 943 504 206 fax.: 943 000 125 info@maramara.net