Logo ACT
fegilt

ASTEKO BITXIA

"Mara-mara
elurra larrean,
firin-faran
hostoak airean".

Xabier Olaso,
Pupuan trapua



Bitxien bilduma

servizos lingüísticos*

maramara* taldea   portuetxe 53b, oficina 109, 20018 donostia   tel.: 943 504 206   fax.: 943 000 125 info@maramara.net

Formación


maramara* taldea considera que a mellor maneira de garantir a calidade no traballo consiste en dispoñer dun competitivo grupo de tradutores. Para isto, ademais de escoller aos mellores profesionais, proporciona formación continuada aos membros do seu equipo.


O noso equipo celebra reunións semanais para aclarar as dúbidas que xorden na súa actividade e unificar os criterios para a tradución e corrección. Á súa vez, os traballadores encargados de velar pola calidade participan nos cursos organizados polas entidades públicas, as universidades e as axencias de innovación, entre outros.


O noso obxectivo: garantir a calidade do traballo


Conscientes da enorme relevancia que teñen as novas tecnoloxías no noso sector, consideramos imprescindíbel coñecer e empregar as novas ferramentas de tradución, xestión e calidade presentes no mercado: ferramentas e memorias asistidas por computador, programas de xestión, procedementos para a obtención dos certificados de calidade ISO e UNE, directrices da Lei orgánica de protección de datos...


Os tradutores e correctores de maramara* taldea empregan, ademais dos habituais programas, LocStudio, Trados, Transit e SDLx, para así ofrecer un servizo adecuado ás necesidades do cliente. Ademais, impartimos cursos sobre a súa utilización, tanto para o noso cadro de persoal, como para todos os interesados. A estes asisten tamén os nosos colaboradores, para que tamén eles se poidan beneficiar dos coñecementos que temos adquirido.


A formación continuada permítenos garantir a inmellorábel calidade do equipo de traballo, coñecer as últimas tendencias do mercado, extraer as mellores conclusións da análise do traballo en equipo e, en suma, ofrecerlle ao cliente un servizo integral de calidade.


Os últimos cursos que impartimos versaron sobre os seguintes temas:


Programa LocStudio. Xaneiro de 2009.

Programa SDLx. Xaneiro de 2009.

Tradución de audiovisuais. Marzo de 2009.

Hitano (tratamento idiomático familiar vasco). Abril de 2009.